Imagen
BLOG de APF
Visítao e comparte con nós o desenvolvemento deste Proxecto.
 
ASESORAMENTO E PRÁCTICA FILOSÓFICOS | ASESORAMENTO FILOSÓFICO (AF) | OBRADOIRO DE PRÁCTICA FILOSÓFICA (OPF)/CAFÉS FILOSÓFICOS | ÉTICA EMPRESARIAL | RADIO FILOSÓFICA | J. GONZÁLEZ | ENLACES INTERESANTES | CONVOCATORIAS | TEXTOS| CONTACTAR CON APF |
 
ASESORAMENTO E PRÁCTICA FILOSÓFICOS
   
 
imagen


"Vana é a palabra do filósofo se non cura ningún sufrimento do home. Pois tal como ningún proveito se saca da mediciña que non expulsa as doenzas do corpo, ningún proveito se saca, tampouco, da filosofía que non expulsa o sufrimento da mente."
EPICURO (341-270 a.C.)

"A Filosofía recupérase a si mesma cando deixa de ser un dispositivo para resolve-los problemas dos filósofos e se converte nun método (...) para resolve-los problemas dos homes."
JOHN DEWEY (1859-1952)

"A tódolos homes foilles concedido coñecerse a si mesmos e ser sabios."
HERÁCLITO (540-470 A.c.)

"A ignorancia non é unha doenza."
MÓNICA CAVALLÉ


imagen
"A ignorancia non é unha doenza", afirma Mónica Cavallé, presidenta de ASEPRAF (Asociación Española para la Práctica y el Asesoramiento Filosóficos). E a vida tampouco o é. Estamos vivos, somos seres vivos, pero tamén racionais, e a aparente simplicidade disto, oculta no seu fondo a complexidade máis abraiante. Vivir é ter unha vida. E esa vida, nosa, persoal e intransferible, ha ser "feita" por nós dun xeito libre, consciente, reflexivo... Vivir suón resolver dilemas, facer eleccións, enfrentarse ás situacións dolorosas ou desabradables, disfrutar, relacionarse cos outros... En fin, algo tann complexo, que precisa tempo de reflexión á hora de ser proxectado.
Pero nós non nos tomamos ese tempo. Todos estamos dacordo en que perseguimo-la felicidade, pero, ¿cantos de nós andamos a buscala?, ?cantos adicamos sequer un minuto a reflexionar en col do que sexa esa felicidade e do camiño para a atopar? Dámoslle voltas unha e outra vez ás compras que facemos para a nosa vivenda, mirámonos no espello da tenda cando imos mercar roupa para ver se nos queda ben ou non, estudiamos concienzudamente as posibilidades á hora de mercar un novo coche... Pero vivimos irreflexivamente, impulsivamente, sen examinar que é o que realmente queremos facer coa nosa vida, sen ter presente ningún proxecto vital propio. Co refraneiro na man, diriamos que nos lanzamos coma tolos a montar nun cabalo que nos regalaron, e do que non sabemos nada. Pero a vida non é un regalo.
E é aquí onde xorden os malestares e os problemas: non temos ferramentas para manexa-las situacións que a vida nos presenta, sentímonos desorientados, confusos, temos a impresión de que "non podemos coa nosa vida" e, resumindo, sentímonos mal.
É entón cando solicitamos axuda. E non faltan que no-la ofrece: dende o tarot ata as psicoterapias tradicionais (psicoloxía e psiquiatría), pasando po-la relixión ou os libros de autoaxuda, temos á nosa disposición unha ampla oferta para elexi-lo que nos parece máis convinte.
Pero non estamos enfermos. Estamos vivos. E iso supón enfrentarse ós retos, dúbidas e dificultades que acompañan ó feito de vivir. O que precisamos é adicar un pouco de tempo e reflexión a eses "obstáculos" que se interpoñen entre nós e o nos "ben-estar". Necesitamos acadar un sentido común superior que amplíe a nosa capacidade e posibilidades de atopar formas eficaces para resolver os nosos problemas e mellora-la nosa calidade de vida. Moitos deses problemas humanos non ocultan disfuncións psicolóxicas, senón conflictos de tipo filosófico: concepcións limitadas sobre nós mesmos e sobre a realidade. Este é o sentido no que se interpreta a afirmación de que a ignorancia non é unha doenza: non debe "curarnos" un médico, senón que debemos busca-la axuda de quen poida guiarnos nesa viaxe cara ó autocoñecemento.
E ahí é onde a FILOSOFÍA acude a nós baixo a forma do ASESORAMENTO FILOSÓFICO e a PRÁCTICA FILOSÓFICA. Esa é a súa orixe e non outra. Non negamo-lo valor que a dimensión teórico-especulativa da Filosofía ten, pero reivindicamos ó mesmo tempo a realización da súa dimensión práctico-sapiencial, dende a que se considera que pensamento e vida, saber e ser, son indisociables. A Filosofía axuda a vivir, respira e amar ó mundo que nos rodea, e tamén a nós mesmos.
Con esa finalidade, e da man do Prof. Julio González, nace en Galicia o PROXECTO DE ASESORAMENTO E PRÁCTICA FILOSÓFICOS. O noso proxecto é unha oferta de orientación e asesoramento, dirixida a tódolos sectores da sociedade, individuos e grupos, basada na Filosofía Aplicada. O noso obxectivo é divulga-lo uso da Filosofía como medio terapéutico e a súa utilización na vida cotiá.
En virtude da súa propia finalidade, consideramos que as nosas actuacións han de se levar a cabo nas diversas áreas que integran a vida humana:
- Cada un de nós interpreta o mundo de xeito persoal, ten a súa propia "filosofía da vida", e ésta pode entrar nun determinado momento en conflicto coa propia realidade circundante, situación que pode xerar dor, desorientación, crises existenciais, etc. Por iso, temos un Gabinete de Asesoramento Filosófico individualizado.
- Somos racionais, somos quen de pensar e enriquece-lo noso pensamento coas aportacións e o contraste das opinións de individuos distintos. Por iso, organizamo-los Talleres de Práctica Filosófica (e os Cafés Filosóficos e os Diálogos Socráticos).
- Somos sociais, formamos parte dun mundo que inclúe como factor importante o económico. Se temos que traballar ou dar traballo a outros, se gran parte das nosas relacións son de tipo laboral, aspiramos a que éstas sexan las mellores posibles. Ademáis, no contexto da economía e mercado globais, convén ás empresas situarse con plena competitividade, atendendo ó tempo as demandas do público cara ó que dirixen a súa actividade. Esperamos que as relacións empresa-sociedade, tamén respondan a cánones de idoneidade, eticidade, respeto polo medio, respeto á sociedade, ... Por iso ofrecemos unha Asesoría Ética para empresas, coa posibilidade de xenerar e xestionar Comités de Ética Empresarial, realizar Auditorías Éticas, apoiar no establecemento de Códigos Éticos Empresariais, etc.


Consideramos necesario aclarar taxativamente que o noso proxecto constitúe un camiño de axuda mental e de consello, pero non de tratamento: é unha alternativa ás psicoterapias en lugar dunha psicoterapia alternativa, e é un proxecto complementario de apoio á educación. Non pretendemos sustituir a ninguén. Tan só aspiramos a colaborar na formación de ciudadáns e persoas libres, responsables, reflexivos e, por que non, todo o satisfeitos e felices que sexa posible.
 
imagen
imagen
filosofia.practica@hotmail.com
Información, suxerencias, consultas,..., para o que che pareza oportuno, estamos á túa disposición.

alojamiento web gratis
Otros servicios ofrecidos por HispaVista:
Videos, Loterías y Lotería de Navidad
Consigue una página web gratis o un
alojamiento web profesional con Galeón